'Meigas, habelas hainas' en Cangas

sáb07nov20:00'Meigas, habelas hainas' en Cangasmusical ambientado nun pobo galego20:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

‘Meigas, habelas hainas’ é un musical teatral ambientado nunha aldea galega envolta en néboa e lendas, onde a maxia ancestral e a resistencia feminina cobran vida.

A historia xira arredor de Iria, unha nova meiga valente que aínda non comprende de todo o seu poder, e Uxía, filla de pescadores, racional, sensible e fondamente humana.

Ambas, xunto ao seu círculo de meigas –a sabia forasteira Branca, a maternal Maruxa e o espírito brincador da chuvia, Solaina– defenden a súa identidade fronte á hostilidade do pobo e ás escuras obsesións do sacerdote Ramón.

A través de rituais, cancións e chuvias máxicas, as protagonistas enfróntanse ao medo, á traizón e á persecución, mentres forxan lazos de irmandade e esperanza e redescubren o valor da memoria colectiva.

Ao ritmo da tradición galega e de números musicais inspirados en grandes éxitos do teatro, a obra celebra a resistencia, a diversidade e a alegría de vivir, convidando ao público a atopar a maxia na risa, na amizade e na memoria compartida.

Entradas anticipadas á venda dende 17,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!