Convento de Santa Clara | © Deputación de Pontevedra

This is a repeating event

Visitas guiadas ao Convento de Santa Clara

sáb08xuñ11:00Visitas guiadas ao Convento de Santa Clara7, 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño de 202411:00 Convento de Santa Clara - Pontevedra

Detalles do Evento

Deputación de Pontevedra abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para unha nova ronda de visitas guiadas.

O prazo de inscrición para solicitar praza abre o martes 28 de maio, ás 9:00 h, a través dun formulario de inscrición accesible desde a web do Museo de Pontevedra.

As visitas guiadas estarán a cargo do persoal da área de Educación do Museo de Pontevedra e realizaranse en grupos de 20 persoas cunha duración dunha hora. Poderán solicitarse unha ou dúas prazas por reserva, nas seguintes datas e horas:

  • Venres 7 de xuño, ás 18:00 h
  • Sábado 8 de xuño, ás 11:00 h
  • Sábado 15 de xuño, ás 11:00 h
  • Domingo 16 de xuño, ás 11:00 h
  • Sábado 22 de xuño, ás 11:00 h
  • Domingo 23 de xuño, ás 11:00 h


Convento de Santa Clara | © Deputación de Pontevedra

O percorrido iniciarase na igrexa e, a continuación, visitaranse estancias como o coro baixo, o coro alto e mais o claustro. Ademais, as visitas tamén permitirán coñecer a zona verde do convento, tanto a horta como o bosque.

O convento de Santa Clara, a súa finca e o seu muro están catalogados como bens con protección para a conservación monumental. A súa historia remóntase ao ano 1271, segundo a ficha do catálogo municipal, aínda que a primeira referencia directa documental do convento data de 1293, nun documento que se conserva na Colección Casto Sampedro do Museo de Pontevedra que fai referencia á doazón que se fixo a Tareixa Pérez, monxa de Santa Clara. No século XIV constrúese a Igrexa, de estilo gótico, que conta cun importante conxunto de retablos barrocos.

O xardín é o grande atractivo do patrimonio natural en Santa Clara, un espazo cunha extensión de preto de 12.000 metros cadrados no que medra unha gran cantidade de árbores froiteiras. Ademais tamén conta coa horta na que as monxas cultivaban e producían produtos, na que destacan as vides para a produción de viño.

Condicións da visita:

  • Non se admitirán visitas sen reserva previa a través do formulario dispoñible na páxina web museo.depo.gal.
  • Para realizar a visita é necesario estar 10 minutos antes da hora indicada na porta da igrexa de Santa Clara (rúa de Santa Clara).
  • A duración da visita é de aproximadamente 1 hora.
  • Debido á situación actual dos espazos interiores e exteriores do convento, previa á súa reforma, a visita non é accesible para persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas.

Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Convento de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36002 Pontevedra

Está pasando!