This is a repeating event

Visitas guiadas polo Centro Histórico de Pontevedra

lun26xuñ11:30Visitas guiadas polo Centro Histórico de Pontevedravisitas guiadas oficiais de Turismo de Pontevedra11:30 Centro Histórico Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Descobre o encanto, historia e cultura de Pontevedra a través dunha visita guiada oficial polos lugares máis emblemáticos da capital das Rías Baixas.

Pasea polas súas rúas e prazas, goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía… Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Hai que destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Tarifas:

  • Xeral: 7 euros
  • Reducida: 5 euros (parados/as, estudiantes, xubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 anos: de balde

Horarios:

  • Do 26 ao 30 de xuño: Luns a sábado: 11.30h. Domingos e festivos: 11.30h.
  • Do 1 de xullo ao 15 de setembro: Luns a sábado: 11.30 e 18.30h. Domingos e festivos: 11.30h.
  • Do 15 de setembro ao 1 de outubro: Luns a sábado: 11:30 e 17.30 h. Domingos e festivos: 11.30h.
  • Do 12 ao 15 de outubro: Luns a sábado: 11:30 e 17.30h.

Punto de encontro:

  • Praza de España, guía con paraugas verde.

+info e reservas en visit-pontevedra.com

Hora

(Luns) 11:30

Localización

Centro Histórico Pontevedra

Está pasando!