‘Metodoloxías’ | © Manuel G. Vicente

‘Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos’ pechará a tempada teatral deste semestre na Sala Ártika

24 Maio 2024

Este mes a Sala Ártika remata a tempada teatral deste semestre co espectáculo ‘Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos’ da compañía Vacaburra que estarán o sábado 1 e o domingo 2 de xuño ás 20:00 horas. 

A programación deste espectáculo forma parte da programación Orgullo crítico LGTBI+ Vigo coa colaboración da asociación Nós Mesmas.

Espectáculo cunha duración aproximada de 60 minutos recomendado para maiores de 16 anos.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros +gastos de xestión en artika.com (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e a 14 euros na billeteira.


‘Metodoloxías’ | © Manuel G. Vicente

Sinopse:

Conferencia escénica, bastardia disciplinar, investigación desleal onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena. Un dos obxectivos desta peza é pasar polo corpo os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia escénica heterocentrada.

Esta conferencia freak en formato desbordado xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral: ‘Sexualidades Des-Xeneradas’ na busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal.


Está pasando!