O Cineclub Val Miñor Alice Guy proxectará mañá xoves o filme de animación francés ‘As Andoriñas de Kabul’, coa presenza de Alfonso Castaño e participación de Suhail Noori

29 Marzo 2023

O xoves 30 de marzo ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Nigrán acolle a proxección en V.O. subtitualada en castelán do filme de animación francés ‘As Andoriñas de Kabul’ (Zabou Breitman e Eléa Gobbé-Mévellec, Francia, 2019), organizada polo Cineclub Val Miñor Alice Guy.

Dito evento contará coa presenza de Alfonso Castaño e participación de Suhail Noori, presidente da Comunidade Afgana de España (ACAE).

Entrada de balde ata completar aforo.

Esta proxección pechará a programación do ‘Mes Violeta’, organizada polo Concello de Nigrán.

Sinopse

Verán de 1998. Cabul é unha cidade en ruínas ocupada polos Talibán. Mohsen e Zunaira son dous mozos que se namoraron a pesar de vivir nunha contorna repleta de violencia e miseria. Aínda que van sobrevivindo día a día, un acto irresponsable de Mohsen cambiará as súas vidas para sempre. (FILMAFFINITY)


Está pasando!