Poio pon en marcha o seu Directorio Cultural

10 Xullo 2020

No Directorio Cultural de Poio teñen cabida aquelas asociacións, entidades e profesionais do tecido cultural de Poio. Buscamos dar a coñecer e poñer en valor iniciativas de diferentes sectores como a xestión cultural, a de artes plásticas e visuais, patrimonio cultural, promoción e formación musical, artes escénicas, teatro, pintura, escultura, editoriais, librarías, turismo cultural, danza, música, creación audiovisual, deseño gráfico ou cinematografía.

Os e as profesionais que desexen formar parte desta rede deberán cubrir o seguinte formulario, que recolle os datos do solicitante e a descrición da actividade que desenvolve. A información organizarase de tal xeito que as persoas usuarias, ademais de informarse sobre o propio directorio, poderán facer uso dun buscador por categorías ou nome, o que facilitará e axilizará as consultas.

Faite ver ! Inscríbete!

Está pasando!