Danza de Espadas | © Concello de Marín

Festa de San Miguel en Marín

sáb01out19:30dom02out(out 2)14:15Festa de San Miguel en MarínFesta declarada de interese turístico de galicia19:30 - 14:15 (2) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

O domingo 2 de outubro, Marín revivirá a ancestral “Danza das Espadas” na honra a San Miguel, unha coreografia de compasados movementos na cal os mareantes percorren as rúas da vila marcando ao son da música de gaitas.

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha tradición con máis de catro séculos de historia que se realiza ao medio día, despois da cerimonia eclesiástica en honra ao santo.

Sábado 1 de outubro:

  • 19.30 h. Alameda. Actuación da Danza de Espadas de Baiona, acompañada da súa propia banda musical.

Domingo, 2 de outubro:

  • 11.00 h. Salón de Plenos do Concello. Acto Solemne do Padroado de San Miguel. Entrega das Distincións de Cofrades da Honra. Imposición das Espadas de Prata e Douradas aos Danzantes. Mostra do videoclip sobre a Danza de Espadas.
  • 12.00 h. Saída do Concello de autoridades, convidados e danzantes.
  • 12.15 h. Misa solemne na honra de San Miguel.
  • 13.00 h. Procesión e baile da Danza de Espadas nos lugares habituais.
  • 14.15 h. Ofrenda floral polos Cofrades e Danzantes.

Hora

1 (Sábado) 19:30 - 2 (Domingo) 14:15

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!