Concerto de Rafa Fernández Cuarteto en Pontevedra

mér26mar19:00Concerto de Rafa Fernández Cuarteto en Pontevedraciclo ‘Ao Son do Piano’19:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A guitarra eléctrica de Rafa Fernández, a arpa de Bleuenn Lefriecc, o óboe e o corno inglés de Benxamín Otero e o piano e os sintetizadores de Álex Salgueiro ofrecen unha exquisita mestura de sonoridades ambientais contemporáneas.

O concerto pecha a segunda edición do ciclo ‘Ao Son do Piano’, no que no mes de marzo formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do piano de cola do Museo.

Con acceso libre ata completar a capacidade, a actuación terá lugar o mércores 26 de marzo ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.



Neste proxecto do guitarrista noiés Rafa Fernández atopamos unha exquisita mestura de sonoridades tanto acústicas coma eléctricas nun contexto de música ambiental e contemporánea, xéneros nos que este guitarrista leva máis de dez anos sendo unha das súas principais figuras no territorio galego.

Neste concerto repasaranse temas de traballos discográficos como Aldán ou A cara bonita da pedra, así como músicas escritas para diferentes proxectos audiovisuais cos que este músico percorreu gran número de escenarios na súa longa traxectoria.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!