This is a repeating event

Festas do Santísimo Cristo da Victoria en Salvaterra

dom14xuñConsultarFestas do Santísimo Cristo da Victoria en Salvaterra13, 14 e 15 de xuño de 2026(Consultar: domingo) Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Concello de Salvaterra de Miño celebrará durante os días 13, 14 e 15 de xuño as súas Festas do Santísimo Cristo da Victoria.

O programa festivo dará comezo o sábado pola noite coa actuación do grupo La Supersonic DJ Luis Lobato no recinto amurallado a partir das 22:00 horas.

O día grande das festas será o domingo 14. Ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne e procesión e ao remate concerto da Banda de Gaitas e Grupo de Baile Pontenova. Xa pola noite a festa comezará coa actuación da Banda de Música de Salvaterra ás 20:30 horas e continuará coa orquestra Kubo.

E para rematar as Festas do Cristo 2026, o luns 15 de xuño terá lugar a última verbena amenizada pola orquestra El Combo Dominicano.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!