Goyo Jiménez presenta ‘América Forever: The final refrito’ en Vilagarcía

ven27nov20:30Goyo Jiménez presenta ‘América Forever: The final refrito’ en VilagarcíaEspectáculo de stand-up comedy20:30 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Goyo Jiménez, o humorista especializado en USA, regresa a Vilagarcía en novembro con ‘America Forever: The final refrito’, un novo espectáculo, quizá o definitivo, da serie ianqui do cómico albaceteño.

A actuación terá lugar o 27 de novembro, a partir das 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía, un recinto que Goyo coñece xa das súas anteriores visitas á capital arousá.

Goyo Jiménez é un humorista, actor, presentador, guionista, produtor e director coñecido por colaborar en diferentes programas de televisión, pero sobre todo, grazas á súa faceta como cómico ou monologuista de ‘stand up comedy’.

Despois de conquistar América… sen saír de España, e de demostrarnos que os estadounidenses e o resto da poboación mundial convivimos no mesmo planeta só por un erro administrativo, Goyo Jiménez regresa co espectáculo que ninguén pediu, pero todos necesitabamos… ‘América Forever: The final refrito’. A recompilación definitiva dos mellores momentos da súa mítica triloxía ‘Aiguantulivinamérica’.

Pero, atención: que, ademais, o show trae achega vitamínica. Porque Estados Unidos cambiou, o mundo cambiou e, aínda que custe crelo polo seu imperecedoiro aspecto xuvenil, Goyo Jiménez tamén cambiou.

Agora, en América os heroes de acción non fan cortes senón hashtags nas culatas das súas pistolas, o amor é fluído, vegano e polivalente, e os veciños do Medio Oeste almorzan “smoothies” salteados con culpa ecolóxica. Mentres tanto, no resto do mundo… seguimos facendo o que podemos co que temos cando nolo permiten… só que con menos cobertura e máis ansiedade.

‘América Forever: The final refrito’ é unha festa da risa, unha homenaxe actualizada a todo o que nos fixo rir e pensar, pero con novos ingredientes, novas reflexións e o mesmo inconfundible sabor ‘Made In Goyo’.

As entradas están á venda en Ataquilla.com aos prezos de 28 euros nas zonas A e B, e a 26 na C (máis gastos de xestión). De non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o día da función, na billeteira do Auditorio, a partir das 18:30 horas.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!