Mocedades e Los Panchos en Vigo

dom26mai20:00Mocedades e Los Panchos en Vigo'50 años contigo'20:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Quen non ten algún recordo ligado a unha das cancións de Mocedades ou Los Panchos? Imaxínaste velos xuntos en directo?

Mocedades naceu na cidade de Bilbao, a finais da década dos anos sesenta. Fundado polas irmás Uranga no seo dunha familia numerosa cargada de moito talento musical e que xunto a outros amigos crearon o grupo vocal máis importante do mundo de fala hispana. Izaskun Uranga, fundadora do grupo é a única integrante que permaneceu de maneira ininterrompida desde a súa fundación até os nosos días.

Contan con máis de 30 discos no mercado e actualmente seguen gravando os seus grandes éxitos xunto a artistas de talla mundial e producidos por Jacobo Calderón, fillo do seu pai musical, Juan Carlos Calderón.



Mocedades están celebrando os seus máis de 50 anos xunto ao trío Los Panchos, representados pola súa última primeira voz, Rafael Basurto Lara. Eles son un referente mundial do bolero e a balada romántica.

O show que presentan é simplemente mágico, cantando ambos os seus archicoñecidos repertorios e interactuando en diversos momentos do espectáculo, e en definitiva, facendo que o espectador o viva como un momento único e inesquecible.

Entradas anticipadas á venda dende 35 euros en teuticket.com

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!