‘O Libro da Selva. O musical’ | Ártika Cía

‘O Libro da Selva. O musical’, de Ártika Cía en Pontevedra

dom08nov18:30‘O Libro da Selva. O musical’, de Ártika Cía en PontevedraDomingos do Principal 202618:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal trae ao Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ‘O Libro da Selva. O musical’, da compañía galega Ártika Cía.

A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.

Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?

Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego.

Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… e para todas as familias que queiran deixarse levar pola forza da aventura.

Teatro musical. Público familiar a partir de 3 anos. Duración 50 min.

DOMINGOS DO PRINCIPAL

O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal regresa cunha nova edición que se celebrará entre o 25 de outubro e o 15 de novembro. 

Nesta ocasión, por mor do cambio de localización desde o Teatro Principal ao Auditorio do Pazo da Cultura, todas as funcións terán un pase único ás 18:30 horas.

A carteleira deste ano reúne tres espectáculos a cargo dunha compañía procedente de Salamanca e dúas compañías galegas. Amais, o primeiro dos espectáculos, contará cun pase matinal o luns 26 de outubro, concertado con escolares de primaria.

DOMINGO 25 DE OUTUBRO

  • ‘Bichitos’, de Spasmo Teatro (Salamanca)

DOMINGO 8 DE NOVEMBRO

  • ‘O Libro da Selva. O musical’, de Ártika Cía (Galiza)

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO

  • ‘O Monstro de Cores’, de A xanela do maxín (Galiza)

Xa están á venda en Ataquilla.com as entradas para cada un dos espectáculos a un prezo de 4 euros e tamén o formato abono a un prezo de 9 euros. A venda de abonos é exclusiva en liña.

As entradas contarán con venda física na billeteira do auditorio 1 hora antes de cada pase de non esgotarse na venda anticipada.

É preciso que todas as persoas asistentes conten cunha entrada independentemente da súa idade.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!