This is a repeating event

Sete Falares 2026 en Pontevedra

ven12xuñConsultarSete Falares 2026 en PontevedraEncontro Internacional de Contadores de Historias(Consultar: venres) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A nova edición de Sete Falares terá lugar entre o 7 e o 14 de xuño de 2026 en Pontevedra. Este Encontro Internacional de Contadores de Historias, que botou a andar en 2012, empregará desta volta novos espazos da cidade, convertidos en escenario para as voces chegadas de Galiza, Cuba, Brasil ou Portugal, entre outros lugares.

O encontro contará coa participación de destacados narradores internacionais como Benita Prieto de Brasil, Aldo Méndez de Cuba e Valter Peres desde Portugal, concretamente dos Açores. Estas voces internacionais compartirán a programación con recoñecidos artistas galegos da talla de Ángeles Goás, Cris de Caldas e Celso F. Sanmartín, amais do colectivo madrileño Borrón y cuento nuevo.

O festival botará a andar o domingo 7 de xuño no Auditorio do Pazo da Cultura ás 20.30 horas coa peza teatral “Apaga o candil” da compañía galega Contraproducións. É o único espectáculo de pago de todo o programa. As entradas estarán á venda a partir do martes 2 de xuño ás 10.00 horas en Ataquilla.com

Esta obra vai sobre a vida de Carlos Díaz “o Xestal”, un humorista, contador de historias, popularizou a canción do mesmo nome, e foi unha figura moi comprometida socialmente naqueles tempos. Interpretada por Avelino González, outro contador que estivo con nós o ano pasado, e por Toni Salgado, E está dirixida por un grande contador que é Cándido Pazó”

A partir de aí, a narración oral estenderase por sedes tan diversas como o IES Valle Inclán, a Casa das Campás, a Residencia de Maiores de Campolongo, os Xardíns de Marescot, o Liceo Casino e a Casa da Luz.

Dentro da numerosa programación, destaca a levada a cabo na Residencia de Maiores de Campolongo que conta cun acceso directo desde a rúa ao Salón de Actos. Unha das razóns pola que se escolleu tamén este espazo para a actuación de Celso Fernández Sanmartín o luns 8, é porque antes de ser contador e poeta, Celso traballou nunha residencia en Lalín, e foi alí, escoitando as historias dos maiores, onde naceu esa nova inquedanza”.

A única actividade que precisa de retirada de convites no edificio de Michelena, 30 a partir das 20.30 horas do sábado 13: o Vieiro de historias por Pontevedra que terá lugar en 4 quendas de 50 persoas cada unha. Nesta actividade, o público poderá percorrer a cidade, visitando lugares emblemáticos mentres escoita relatos de varios dos contadores convidados, como Pavís Pavós ou o propio Aldo Méndez.

O encontro clausurarase o domingo 14 no Salón de actos do Pazo da Cultura, reunindo por última vez a gran parte do elenco internacional deste ano.

A organización que agradeceu a colaboración do Concello para sacar adiante este programa e tamén a todas as institucións que cederon espazos para as contadas, lembra que a programación vai dirixida a público adulto e que toda a información detallada, así como as actualizacións de última hora, poden consultarse na páxina web oficial.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!