Os Domingos do Principal botan andar este domingo 2 da man do pallaso galego Roi Borrallas

31 Xaneiro 2025

  • Será a primeira das 4 propostas que terán lugar ao longo do mes de febreiro no Pincipal, con pase dobre ás 12h. e 18.30h.
  • O ciclo de artes escénicas para público infantil e adulto, contará en 2025 con dúas tempadas, xa que tamén terá lugar a habitualmente programada en outono, entre outubro e novembro.
  • Nas próximas semanas as compañías Artika Cía (Galiza), Elefante Elegante (Galiza) e La Chana (Salamanca) achegarán ao Teatro Principal espectáculos de teatro, monicreques, música ou clown.
  • Os abonos para todo o ciclo a un prezo de 12 euros e as entradas para cada espectáculo, ao prezo habitual de 4 euros, estarán xa á venda en Ataquilla.com.

A primeira tempada dos Domingos do Principal, das dúas que terán lugar excepcionalmente durante o 2025, bota a andar este domingo da man de Roi Borrallas e o seu espectáculo ‘Solo’, recomendado a partir de 8 anos e tamén para público adulto.

Tal e como comentaba na presentación do ciclo Xacobe Rodríguez, de Teatro Akatro, “comezamos con Roi Borrallas, un clown galego asentado en Cataluña que montou a súa propia compañía. Trae un espectáculo delicado, que combina monicreques con traballo de clown e manipulación. É digno de ver non só para público infantil senón para público adulto. Podería ser programado en Ponteatro e tería o mesmo éxito. Acumula unha morea de premios e vai sorprender”.



Un pallaso ten que estar no palco, co seu público. Mais, que acontece cando queda só? É no camarín onde se mesturan persoa e personaxe. Onde se desfigura a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real.

É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a traseira deste artista, as súas ideas e tolemias, o que ninguén ve, un pallaso cando ninguén o observa.

 Premio Fetén 2023 ao Mellor Intérprete

 Premio Zirkolika 2022 ao Mellor Espectáculo De Pallasos

 Premio da Crítica ao Mellor Espectáculo Nacional de Circo 2024

 Premio da Crítica seleccionado para Mellor Espectáculo Familia 2024

Clown

  • Duración: 45 minutos
  • Recomendado a partir de 8 anos e público adulto

Os abonos para todo o ciclo, a un prezo de 12 euros+ gastos e tamén as entradas soltas para cada espectáculo a un prezo de 4 euros + gastos, están xa á venda en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.

Está pasando!