Concerto de Izaro en Vilagarcía

dom28abr12:30Concerto de Izaro en VilagarcíaAchégate ao Salón!12:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O ciclo Achégate ao Salón! péchase o 28 de abril ás 12:00 horas, co concerto acústico con banda completa que ofrecerá Izaro no Salón García.

Esta artista vasca desborda creatividade e exerce tanto de intérprete como de compositora, produtora artística, directora de arte de videoclips e documental. “Cerodenero” é o título do seu quinto disco, un traballo maduro no que xoga co pop, a música de raíz e a electrónica dende unha mirada contemporánea moi respectuosa co pasado.



Como en anteriores ocasións, habilitarase un primeiro prazo (do 29 de xaneiro ao 15 de febreiro) para a venta dos abonos para asistir aos tres concertos. A partir do día 16 de febreiro, e sempre que non se cubra o aforo cos abonos, poranse á venta as entradas individuais para cada actuación. A compra pode facerse a través de http://www.ataquilla.com (máis gastos de xestión).

En caso de non esgotarse, as entradas poderán adquirirse os días de concerto a partir das 10.30 horas no despacho de billetes do Salón García.


Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!